Friday, April 27, 2007

Furafollas en Badalona

ACTUACIÓN: Os Troleiros de Provença

Día 29 de abril, ás 18 h
Espai Betúlia
Enric Borràs, 43-47 (Badalona)

 

Os Troleiros de Provença, título da actuación que Furafollas Agrupación Teatral fará en Badalona despide o mes de abril, o mes de Sant Jordi. O contido da representación estará a cabalo entre a gran festa das Letras Galegas que logo chega e a querencia polas performances e os alicerces da tradición oral.

A humanidade ten necesidade de contar historias para entender o mundo no que vive, para transcender o cotián. E moito máis de sentilas, xa onda a lareira, xa nun espazo teatral.

Así pois, os membros de Furafollas presentarán en Badalona cantares de cego centenarios, textos actuais propios e tamén referencias á autora a quen a Real Academia Galega decidiu adicar o Día das Letras Galegas 2007: María Mariño, poeta e narradora, muller no seu tempo.

María Mariño naceu en Noia e foi quen de vivir boa parte da súa vida no Caurel, onde escribiu toda a súa obra poética e narrativa.

 

 

Posted by furafollas at 11:17:19 | Permalink | Comments (1) »