Thursday, January 18, 2007

Os Troleiros de Provença

 

 
 

Os Troleiros de Provença

 

Dende o ano 1996, Furafollas teatraliza textos en galego, en catalán e algunhas veces en castelán, básicamente para o público da provincia de Barcelona. Nestes dez anos levamos feitas máis de cen actuacións en espazos de Cataluña, Galicia e Andorra, que van dende as Ramblas ao Teatre Villarroel, pasando por centros cívicos, escolas, institutos, prazas públicas, etc. Furafollas tamén participa na dinamización cultural da comarca de Valdeorras.

Na tempada 2005/2006 ofreceu unha programación estable de contacontos:

Os Troleiros de Provença

A periodicidade era unha actuación mensual na Galería Sargadelos de Barcelona, os mércores. Este ciclo creou e fidelizou un público diferente, un público de galegos e de cataláns, que nunca estivo por debaixo das 80 persoas. As actrices e actores –catalanoparlantes e galegoparlantes– escenificaron os seus relatos nas dúas linguas (galego e catalán), e sempre cunha temática concreta –un fío condutor– que daba unidade á representación e contido á dramturxia. Así houbo

contos de mortos (novembro, 2005)

contos de nadal (nadal, 2005)

contos do frío (xaneiro, 2006)

contos do entroido (febreiro, 2006)

contos de namorados (marzo, 2006)

contos do tren (abril, 2006)

contos das letras (maio, 2006)

contos máxicos (xuño, 2006)

O seu éxito foi tal que se contrataron actuacións en entidades galegas de Cataluña e Andorra.

 

Curso 2006 – 2007

Os Troleiros de Provença: Mulleres no Tempo

Con esta segunda tempada dos Troleiros de Provença, Furafollas demostra que hai un público interesado na actividade teatral de pequeno formato e que esta pode resultar atractiva para a programación das entidades culturais.

Ao longo deste curso 2006-2007 teñen previsto actuar no ciclo Mulleres no Tempo:

–Furafollas Agrupación Teatral, coa escenificación de relatos e recreacións da vida das nosas devanceiras. Así houbo e haberá contadas con títulos e temas como:

  • Mulleres castrexas (Centro Galego, outubro, 2006)

  • Unha de Romanas (Sargadelos, novembro, 2006)

  • Unha de Romanas (3ª parte) ( Sargadelos, nadal, 2006)

  • Peregrinas (Sargadelos, marzo, 2007)

  • Rexurdidas (Centro Galego, maio, 2006)

  • Activistas e represaliadas (Sargadelos, xuño, 2006)

–Compañías e contacontos cataláns e galegos:

  • Quico Cadaval e Narf (Centro Galego, febreiro, 2007)

  • Compañía catalana por concretar (abril, 2007)

  • Centro Dramático Galego (maio, 2007)

Furafollas é membro de Rede.cat

 

Contactos:

Furafollas Agrupación Teatral

Hospital, 118 1º 2ª - 08001 Barcelona

Anxo Baranga: anxo@baranga.net  Tel. 678766562

Lito Caramés: litocarames@gmail.com tel. 93 555 91 95

 
 
 
 
Posted by furafollas at 13:29:56 | Permalink | Comments (1) »