VALDEORRAS TEATRO

VALDEORRAS TEATRO
VII Xornadas Teatrais de Córgomo
Florencio Delgado Gurriarán
(Proxecto e Memoria)
Coordinadores:
Fernando Santalla e Anxo Baranga
Tlf. 620.542.826 / 678.766.562
fersanqui@hotmail.com / anxo@baranga.net
1.Quen somos.
- No ano 2001 os veciños de Córgomo, coa colaboración de Furafollas Agrupación Teatral de Barcelona, deciden recuperar a memoria do seu poeta don Florencio Delgado Gurriarán, morto no exilio, e solicitarlle á Real Academia Galega que homenaxee ao poeta corgomés coa dedicatoria do Día das Letras Galegas do ano 2003, pois nesa data cumpríanse 100 anos do seu nacemento. Para isto organizan unha noite de poesía, música e contos dramatizados. O éxito foi tan importante que se animaron a repetir a experiencia cada ano, convidando a outros grupos de teatro afeccionados ou profesionais.
- Nestes seis anos de Xornadas Teatrais de Córgomo, non se acadou que a Real Academia Galega dedique a don Florencio Delgado Gurriarán o Día das Letras Galegas, pero os veciños fundaron unha asociación cultural, FDG Cultural, publicaron un libro no que recolleron as mellores pezas do poeta, colaboraron na edición dun CD do cantautor Anxo Rei, no que lle pon música ás poesías de don Florencio Delgado Gurriarán. Asemade, converteron a casa que pertencía á familia de FDG na Casa do Pobo, na que se levan organizadas conferencias e exposicións. Hoxe en dia, as Xornadas Teatrais de Córgomo son un referente cultural indiscutible para toda a comarca de Valdeorras e a Xunta de Galiza apoia o proxecto dende o ano 2007.
- A asociación cultural FDG Cultural é membro de Rede.cat de Barcelona
2. Obxectivos para as Xornadas Teatrais do 2008.
· Este ano propoñémonos como 1º obxectivo e fundamental, estender o proxecto a outras poboacións Valdeorresas. Seguindo o exemplo que nos deixou o poeta Florencio Delgado Gurriarán, persoa comprometida co seu tempo e que procurou fomentar a vida cultural na comarca. Intentaremos implicar a Portela do concello de Vilamartín e a Tremiña do concello de O Barco de Valdeorras. Para isto creamos un novo proxecto que chamaremos: VALDEORRAS TEATRO. Dentro de este novo proxecto esperamos conseguir que cada ano se vaian engadindo outras poboacións co seu proxecto teatral propio e todos nun mesmo proxecto comarcal, ca coordinación de FDG Cultural.
· Este ano queremos inaugurar unha nova actividade, a primeira plantada de arbores autóctonas. Plantar 50 castañeiros ou carballos no monte comunal das poboacións que participan no proxecto VALDEORRAS TEATRO.
Teatro e natureza, xuntos simbolizan a esencia das nosas orixes.
· Creación de obradoiros (mascaras, monicreques, expresión corporal, clown..) abertos a todos.
· Continuar demandando á Real Academia Galega que adique a Florencio Delgado Gurriarán o Día das Letras Galegas.
· Homenaxear cada ano a un académico ou a un persoeiro importante da cultura galega. Con estas homenaxes buscamos un dobre obxectivo: por unha banda, dar a coñecer en Valdeorras a obra da persoa escollida, organizando unha exposición na Casa do Pobo, e pola outra banda, a persoa convidada ten a oportunidade de coñecer Valdeorras e as Xornadas Teatrais de Córgomo.
· Traer un grupo de teatro portugués. Seguindo a fuxida de FDG no ano 1936 por Portugal, preténdese afondar así na biografía do poeta corgomés e buscar tamén a irmandade coa cultura do país veciño.
· Potenciar a toponimia e os xogos tradicionais, que tanto reivindicou Florencio Delgado Gurriarán nos seus poemas. O deporte, a lingua e a poesía poden camiñar xuntos. A tal fin, Creamos as Olimpíadas de Xogos Tradicionais e unha Carreira Popular pola Toponimia. Este ano, pretendemos crear un campionato de bolos e de billarda, con premios importantes, para incentivar a participación.
· Homenaxe os mais vellos. Cada ano este acto é o máis emotivo, no que se recoñece a importancia que tiveron os nosos avós para manter o idioma vivo. Gracias a eles existen estas Xornadas de Teatro en galego. Entregáselles un pequeno presente a cada un no escenario, co aplauso de todos.
3.Actividades das Xornadas Teatrais do 2008.
· As Xornadas desenvólvense ao longo dos días 24, 25, 26 e 27 de Xullo de 2008. Pero a actividade comeza a principios de xullo. A partir do 10 de Xullo aprox. e até o día 26, todas as tardes e noites xúntanse os veciños, fan lectura de textos, constrúen unha dramaturxia e preparan unha montaxe teatral para despedir as Xornadas cunha representación teatral dedicada a Xosé Maria Álvarez Blázquez, o escritor a quen se honra este ano no Día das Letras Galegas.
· Tamén se fan neses primeiros dias uns obradoiros de:
-Construcción de mascaras, cabezudos e monicreques.
-Expresión corporal e clown.
3.1.Exposición na Casa do Pobo.
Exposición/homenaxe a Isaac Diaz Pardo na Casa do Pobo. Con esta exposición, FDG Cultural, Furafollas, Rede.cat e Córgomo, queren sumarse as moitas homenaxes e mostras de cariño que está recibindo Isaac Diaz Pardo por parte de múltiples entidades. Isaac Diaz Pardo, a través de Edicións do Castro publicou toda a obra de Florencio Delgado Gurriarán.
3.2.Xoves dia 24 de Xullo.
Tarde:
Campionato de bolos: ( por determinar )
Campionato de billarda: ( por determinar )
Noite:
Pregón:
Isaac Diaz Pardo.
Isaac Díaz Pardo naceu en 1920 na casa da Tumbona da compostelá Rúa das Hortas. Frecuentou desde moi neno o taller do seu pai, Camilo Díaz Baliño, escenógrafo, pintor, e cartelista, no que se celebraban reunións moi na órbita das Irmandades da Fala, das que o pai de Isaac era membro activo.
Os sucesos da guerra civil española acabaron coa vida de Díaz Baliño, xusto cando Isaac cursaba os estudios de bacharelato e proxectaba acceder á Escola de Arquitectura. Sen embargo, a realidade daqueles sucesos levárano nun primeiro momento a ter que agacharse na casa do seu tío Indalecio para salvar a vida e, despois, a traballar como rotulista nunha industria coruñesa de pintura industrial. Terminada a guerra, Isaac ingresou na Escola de Belas Artes de San Fernando e en 1941 participou na primeira experiencia que se facía en España sobre deseño industrial, dirixida por Sainz de Tejada e na que participaban cinco alumnos de Arquitectura e outros cinco de San Fernando. Rematados os estudios de Belas Artes, en 1942 a obtención da beca Conde de Cartagena permitiulle realizar unha viaxe de estudios e mostrar o seu talento artístico en Roma, Florencia e Siena. Pouco despois cubriu unha praza de profesor auxiliar de Debuxo na Escola Superior de Belas Artes de San Jordi de Barcelona e realizou diversas exposicións en Madrid, Barcelona, Londres, Vigo, Bos Aires...
No 1948 abandonou a dedicación ás artes plásticas e comezou a súa obra de ceramista montando unha planta industrial no Castro de Samoedo, preto de Sada, na que, ensaiando materias primas utilizadas no antigo Sargadelos, produciu unha porcelana de moi boa calidade.
No ano 1955 viaxou por primeira vez a Arxentina, onde iniciou outra experiencia industrial de cerámica, a da Magdalena, a 108 kms. de Bos Aires, e onde con Luís Seoane e o apoio dos intelectuais galegos alí exiliados, constituíu o Laboratorio de Formas, que proxectou a creación dunha serie de empresas recuperadoras da memoria histórica de Galicia, convertidas logo en realidade, como a restauración do complexo de Sargadelos e o seu Seminario de investigación, o Museo Carlos Maside, Ediciós do Castro, Seminario de Estudos Galegos, Laboratorio de Industria e Comunicación, Instituto Galego de Información...
Díaz Pardo tamén cultivou o ensaio e a crítica, producción entre a que habería que subliñar os libros: Xente do meu Rueiro, Bos Aires, 1954; Midas. O ángulo de pedra, Bos Aires, 1956; El ceramista Arranz y su escuela, A Coruña, 1960; Galicia Hoy, en colaboración con Luís Seoane, París, 1965; Paco Pixiñas, en colaboración con Celso Emilio Ferreiro, cartel de cego, A Coruña, 1970; A Nave Espacial, cartel de cego, A Coruña, 1970; El Marqués de Sargadelos, cartel de cego, A Coruña, 1970; Castelao, cartel de cego, A Coruña, 1985; Galicia hoy y el resto del mundo, A Coruña, 1987, ademais de diversos traballos xornalísticos, principalmente de historia contemporánea.
Teatro
Furafollas Agrupación Teatral de Barcelona presenta o seus espectáculos:
· Un Pequeno Favor de José Mondelo.
· Contos encantados de Furafollas.
Música
Pé de boi agrupación musical, son un grupo de músicos do Val do Ulla.
O Pé de Boi (Oenanthe Crocata) que lle da nome ó grupo, é unha herba moi abundante ó pé dos rios galegos e nos prados húmidos.
3.3. Venres dia 25 de Xullo.
Mañá:
V Carreira pola toponimia: este ano a carreira convertese nunha excursión pola toponimia.
Saindo dende Córgomo, os participantes dirixense cara Portela. En Portela os veciños reciben os participantes cunha serie actos, no que se inclue unha representación teatral a cargo dos veciños de Portela e outra a cargo da agrupación Furafollas e de FDG Teatro de Córgomo.
Continua a excursion cara Tremiñá, despois de tomar un refrixerio. A chegada a Tremiña será entre as 14:00h e as 15:00h. Os veciños de Tremiña reciben os excursionistas, fanse uns actos de recibimento e xantan todos xuntos.
Tarde:
En Tremiñá, pola tarde realizanse pezas teatrais, lectura de poesias e competicions de xogos de bolos e billarda. No traxecto da excursión, os máis novos de Córgomo, Portela e Tremiña teran colocado dias antes con carteis os nomes dos diferentes traxectos entre Córgomo, Portela e Tremiñá. Esta ruta, era a mesma ruta que facia Florencio Delgado Gurriaran cando iba andando de Córgomo ata o Barco.
Noite
TeatroMofa e Befa presenta Cultura para dar e tomar
Mofa e Befa é un dúo cómico formado polos actores galegos Evaristo Calvo e Vítor Mosqueira en decembro do ano 1992.
Desde aquela teñen traballado en multitude de espectáculos teatrais humorísticos con xiras por Galicia, actuacións en actos sociais e mesmo participacións en acontecementos coma o Festival de teatro Español de autor contemporáneo de Alicante.Tamén rodaron en 1995 a curtametraxe muda Mofa e Befa en Gran Liquidación, baixo a dirección e Jorge Coira e producida pola Escola de Imaxe e Son da Coruña, que recibiu varios premios. En televisión conduciron en 1999 o programa Apaga a luz, e teñen colaborado no veterano programa da Televisión de Galicia Luar.
Tanto Calvo coma Mosqueira compaxinan Mofa e Befa con outros proxectos televisivos e cinematográficos, e mesmo coincidiron noutros proxectos á marxe do dúo, como a serie Mareas vivas.Algúns dos seus espectáculos máis destacados son Para ser exactos, Manifesto por un teatro perralleiro, Finismundi Circus e Cultura para dar e tomar.
Música
Festicultores, agrupación musical
FESTICULTORES é un grupo de xóvenes, que proveñen do mundo audiovisual e do espectáculo, e da publicidade, que se xuntan co fin de crear unha empresa para o ocio, que busca a frescura e a creatividade en cada evento que organiza.Somos cultivadores de festas, comprobámo-lo terreo. Elixímo-las sementes que mellor se a fin de alcanzar un resultado final de calidade, e, fiel a unha filosofía: facer da nosa horta un espacio de biodiversidade cultural e ambiental para calquera forma de expresión artística.
3.4.Sábado 26 de Xullo.
Mañá:
Plantada de arbores autoctonas:
Cincuenta castañeiros ou carballos plantaranranse no monte comunal de Córgomo, Portela ou Tremiñá.
Tarde
Campeonato de bolos: (por determinar)
Campeonato de billarda: (por determinar)
Noite:
Teatro
Compañia circense / Agrupación teatral portuguesa.
(pendente por determinar cal das dúas opcións se levará a cabo)
Musica
A Quenlla
Naceu en 1984. A idea de creación do grupo xurdiu deste xeito: “Máis ou menos estabamos directa ou indirectamente implicados na música moitos de nós, por procedencia doutros grupos, outros porque colaboraran con nós e cantaran individualmente e colectivamente e algunhas, sobre todo as rapazas, foron incorporacións novas. Esto da música é un veneno que se se poidera deixar así, polas boas…pero nós, que procediamos doutro grupo, mantiñamos a idea de levar a cabo o que sentiamos. Empezamos sendo tres, logo fomos catro, con tódolos cambios que esto conleva porque daqueles catro quedamos dous, logo incorporouse a totalidade da xente con soamente unha baixa e unha nova entrada.”
Os obxectivos fundamentais con que naceu A Quenlla eran, entre outros, continuar no mundo da música e da palabra, logo da primeira experiencia con “Fuxan os Ventos”. Deste xeito, quixeron crear unha nova agrupación para dinamizar -coma suma de vontades e un xeito específico de facer- a Cultura Galega e, de xeito especial, a canción.
3.5.Domingo 27 de Xullo.
Mañá e Tarde:
Final:
-Campeonato de Bolos
-Campeonato de Billarda
Pasarruas de Furafollas e FDG Teatro, cas máscaras e cabezudos construidos nos cursos de mascaras e cabezudos.
Noite:
· Homenaxe ós máis vellos.
· Actuación de FDG Teatro de Córgomo.
Actuación de Terras de Bibei: Agrupación musical.
