exposición de pintura

"EU TAMEN NAVEGAR"
Anxo Baranga
Anxo Baranga é Director de Furafollas Agrupación Teatral, e pintor. Agora inaugura a exposición Eu tamén navegar, título tomado do último verso do poema Penélope, de Xohana torres (Tempo de Ría, 1992), tres verbas nas que a autora vén esixindo o dereito da muller pacente, pechada e tecedeira a facer o mesmo que o seu home: viaxar, ter un mundo de seu.
É máis, moitos nomes das obras colgadas en La Xina Art, tamén están inspirados pola poeta do mar e do feminino: "Gardiana do salitre", "Fronteira dun instante", No verde transparente", etc. Pintura en estado puro, imaxes femininas, as ondas, as illas, o verde de aquel mar.
Exposición:
"Eu tamén navegar", de Anxo Baranga
Inauguración o 3 de maio ás 19.30 h
La Xina A.R.T.
Doctor Dou, 4 | 08001 Barcelona
Horario: de martes a venres de 17.30 a 20.30 h; sábados de 11 a 14. h.
Até o 2 de xuño de 2007.
